FORMACIÓN PRIVADA

En GRUPINFOR consideramos a formación como elemento indispensable no desenvolvemento ao longo da vida. Porque investir en formación, é investir en futuro.

Para iso, contamos con docentes cualificados, motivados e comprometidos coa súa tarefa, prestando atención individualizada ás necesidades de cada alumno.

Niño estudiando

REFORZO EDUCATIVO

O noso obxectivo é que melloren o seu rendemento e os seus resultados académicos e para iso ofrecemos:

  • Grupos reducidos
  • Respectamos o ritmo, capacidade e forma de pensar do noso alumnado
  • Apoio global en todas as materias
Londres

IDIOMAS

Inglés

  • Grupos reducidos separados por niveis
  • Todas as nosas clases impártense en inglés
  • Clases dinámicas que permitan a participación activa de todos os alumnos
  • Método innovador baseado fundamentalmente nos aspectos nos que o sistema educativo non adoita profundar: listening e speaking
  • Clases para nenos, adultos e específicos para empresas
Museo del Louvre

IDIOMAS

Francés

  • Grupos reducidos separados por niveis
  • Todas as nosas clases impártense en francés
  • Clases dinámicas que permitan a participación activa de todos os alumnos
  • Clases para nenos, adultos e específicos para empresas
Gráficos por ordenador

INFORMÁTICA

Ofimática, mecanografía e novas tecnoloxías.

A adquisición de novos coñecementos e habilidades permitirache mellorar na práctica da túa profesión, acceder a un traballo mellor, ou se es estudante, optimizar o teu tempo e mellorar o teu rendemento.

Impartimos clases de Word, Mecanografía, Excel, Access, Publisher, Power Point, Internet e correo electrónico, redes, blogs, deseño dixital, android… con flexibilidade horaria, grupos reducidos e atención personalizada dirixidas a adultos, grupos e colectivos e nenos.

Tareas de administración

ADMINISTRACIÓN

Incrementa as túas opcións laborais con cursos de:

  • Facturación
  • Contabilidade
  • Prevención de Riscos Laborais
  • Atención ao Cliente
  • Almacén
  • Técnicas administrativas de oficina
  • Grupos reducidos
  • Atención personalizada
  • Diploma acreditativo